Xa tiña ganas de facer un cebiche hai tempo, pero ata hoxe non o din feito, co sinxelo que é! Un prato moi xeitoso para o verán, cando non apetece acender a cociña, e é ademáis moi saboroso e lixeiro.
A receita orixinal é de Cocinando entre olivos, mais eu modifiqueina para facela máis doada e para menos racións! Podedes cambiar os lagostinos por gambas ou polbo, se vos gusta isto, lembrade ler esta receita de polbo mariñado!
Ingredientes (para 3 ou 4 racións)
400 gr. de lagostinos
1 aguacate pequeno
Zume dun limón grande ou 2 limas
Media manga
Media cebola morada
1 culleriña de mostaza
1 semente de caiena
Un chisco de sal e aceite de oliva
Coandro ou perixel, para decoraren
- Poñemos os lagostinos nun bol ca cebola pelada, lavada e cortada en anaquiños.
- Engaimos a pel relada do limón ou as limas, despois botámoslle o zume.
- Engadimos a mostaza, remexendo.
- Por último, engadimos o sal e a caiena e metémolo no frigorífico, deixándoo repousar uns 45 minutos.
- Cortamos a manga e o aguacate en dadiños e botámolo á mestura ao sacala do frigorífico. Decoramos con aceite de oliva e un pouco de coandro ou perixel.
- Servimos frío.
Probastes algunha vezo cebiche? Tendes algunha recomendación? Deixádea nos comentarios 😉