Esta receita é orixinaria de Corea, seica alí se toma como primeiro prato, ou para picar (non sei o nome orixinal, deuma un amigo e non dou con ela en Google…). Leva moito ingrediente pero é moi doada de facer, ten tres pasos! Hai que deixala enfriar, está máis boa ao día seguinte.
Avísovos que é unha vez que se empeza a comer, e ALTAMENTE ADICTIVO.
Ingredientes (para catro ou cinco persoas):
500gr. de peituga de polo cortada en dadiños de 3×3 cm.
2 culleres de fariña
Sal
Para o mollo
1-2 culleres de manteiga
2 culleres de ketchup
4 culleres de salsa de soia
6 culleres de auga
3 culleres de azucre
1 culleriña de pasta de chile – se non dades con ela podedes usar tabasco
2 culleres ben cheas de trociños de noces
Un chisco de pementón doce
- Enfariñar o polo, botarlle sal e fritir ata que estea dourado. Retirar nun prato.
- Nunha tixola, poñer os ingredientes do mollo todos xuntos, quentar a lume baixo e remexer ata que a salsa quede un pouco espesa. Apagar o lume.
- Botar o polo na tixola e remexer ben ata que colla todo o mollo. Pódese servir frío coma entrante, ou morno acompañado de arroz ou cachelos. en todos os casos, vai ser aditivo!
Que aproveite!
NOTA: Esta receita foi publicada orixinalmente en xullo de 2013, está ñe unha versión revisada, e con novas fotos.
3 comentarios en “Polo con mollo de soia e noces”