Hai una meses xa fixemos unha receita de berenxenas recheas de carne, e desta vez voltamos cunha versión vexetariana e de influencia asturiana: O queixo afuega’ pitu (traducido sería algo coma “afoga o polo”) é un dos máis senlleiros de Asturias, e presentase en diferentes variedades. O que eu utilicei é o Atroncau roxu, con forma de pirámide e un leve sabor picante. A súa textura e sabor combinar moi ben coa berenxena.
E vós, con que recheades as berenxenas? se tendes ideas, suxestión, etc. deixádeas nos comentarios ou no Twitter: https://twitter.com/queroxamon
Ingredientes (para dúas racións)
Unha berenxena mediana
Unha cebola pequena
150 gr. de afuegal’ pitu roxu
4 culleres de pan relado
8 culleres de aceite de oliva, para fritir.
Un chisco de queixo relado para decoraren
- Lavamos a berenxena e cortámola á metade ao longo. Cun coitelo pequeno sacamos a polpa en anacos, tendo conta de non romper a pel.
- Prequentamos o forno a 180º
- Cortamos a cebola en rodas finas e fritímola a lume medio con 6 culleres de aceite e a polpa de berenxena. Aos 10-15 minutos, cando esteán un pouco brandos, engadimos o pan relado e o queixo Afuega’l pitu cortado en anacos (hanse desfacer un pouco, pero non pasa nada). Remexemos e deixamos repousar 10 minutos ca calor da cociña xa apagada.
- Enchemos as berenxenas co recheo, botámoslle unha culler de aceite de oliva a cada unha e decoramos co queixo.
- Colocamos as metades nunha fonte de cristal ou barro, e cocémolas no forno durante 25 minutos, aproximadamente: o queixo da superficie ha de estar ben derretido, e a pel das berenxenas un pouco rugada.
Que aproveite!
Que pintaza!!! Mmmmmmm… que fame! Estou por ir ao super por unha berenxena, hahaha!
Moitos bicos!!
Graciñas! Ao final caeu a berenxena? Moitos bicos!
Afuega el pitu non ten esa tradución. Sinifica que pica tanto que afoga a voz. Eso me contou o dono dun ultramarinos de xixon. O prato moi boa pinta.
Ola Lali! Non tiña nin idea, pero ten moito sentido! Un saúdo e grazas pola aportación!